Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta xuvenil vai por todas na Copa do Rei, que se xoga no Anxo Carro

O Celta xuvenil vai por todas na Copa do Rei, que se xoga no Anxo Carro

Mañá xoga a semifinal ante o Español

G24.gal 12/04/2022 18:24

O Celta xuvenil chega forte á fase final da Copa do Rei, tras a vitoria lograda na mañá de onte na Madroa ante o Oviedo. Un triunfo importante xa que os xogadores adestrados por Claudio Giráldez levaban dous malos resultados, tras o empate ante o Bansander e a derrota ante o Racing de Santander.

O Celta xogará mañá ante o Español na semifinal da Copa do Rei Xuvenil. O Anxo Carro acollerá os tres partidos para decidir o campión da edición do 2022. Betis e Real Madrid pugnarán pola outra praza na gran final.

O conxunto que dirixe Claudio Giráldez alcanzou esta rolda despois de eliminar en dezaseisavos na prórroga o Deportivo na Madroa (2-1) para logo deixar fóra o Málaga, ao que superou no seu campo (0-2). De novo como na primeira rolda, en cuartos tiveron que remontar un tanto inicial do Selecta, ao que gañaron por 4-1.

Claudio Guiráldez: "Sabiamos que podiamos facer cousas moi bonitas. Agora hai que poñerlle o ramo"

Damián: "Temos moitas ganas de xogar esta semifinal. Tentaremos dar o mellor de nós mesmos"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade