Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta tira da media inglesa para meterse na lea europea

O Celta tira da media inglesa para meterse na lea europea

Nos catro últimos partidos gañou os dous da casa e empatou os dous xogados como visitante

G24.gal 04/03/2025 21:08

O Celta encadea a mellor serie de resultados de toda a temporada. Sumou oito dos últimos doce puntos nun momento clave do campionato, no que se enganchou á loita por entrar nos postos de Europa. O equipo de Giráldez fai bo aquela norma da media inglesa, considerada durante moitos anos como un garante de rendemento para calquera equipo: gañar na casa e empatar como visitante. 

Comezou a boa xeira cunha vitoria moi importante diante do Betis. Un partido que comezou 0-2 abaixo e que conseguiu remontar no segundo tempo. 

O seguinte resultado positivo foi, nin máis nin menos, no Metropolitano contra o Atlético de Madrid. Un empate (1-1) cun gol de Aspas, que puido ser mellor porque o cadro madrileño empatou cando xogaba en inferioridade numérica. 

A seguinte cita na casa foi contra o Osasuna. Non xogou o Celta o partido máis brillante da campaña, pero soubo rendibilizar ao máximo un penalti transformado por Iago Aspas. 

Remata a serie de catro partidos noutro escenario complicado, como o do Xirona (2-2). Outra saída na que foi gañando durante moitos minutos pero non conseguiu aguantar a vitoria ante un rival que este ano xogou a Champions. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade