Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta tentará corrixir en Mestalla os erros do Metropolitano

O Celta tentará corrixir en Mestalla os erros do Metropolitano

Outra boa actuación de Gabri Veiga achégao á titularidade

G24.gal 12/09/2022 21:59

A estrea goleadora de Gabri Veiga, nun grande escenario e outra vez mellorando o Celta desde o banco de suplentes, invita a imaxinalo como titular no próximo partido. Antes de viaxar a Madrid, Coudet gabou a súa madurez, pero falaba de ir amodo.

Gabri marcou o gol que se lle negou a Aspas ou a Larsen. O noruegués, dous anos mais vello que Veiga, é moi consciente de que puido cambiar o rumbo do partido. E Iago marchou baleiro logo de marcar nas catro primeiras xornadas. Cando non o fai, o Celta non gaña.

Despois do 4-1 contra o Atlético, o Celta xoga o sábado en Mestalla contra un Valencia irregular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade