Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta soña con asegurar o pase a dezaseisavos da Liga Europa contra o Ludogorets

O Celta soña con asegurar o pase a dezaseisavos da Liga Europa contra o Ludogorets

Claudio amosouse optimista sobre a continuidade de Óscar Mingueza

O técnico asegurou que lle gustaría poder contar con Fer López

@rccelta
G24.gal 26/11/2025 20:19

Quinto partido da Liga Europa. O Celta pode asegurar o pase ós dezaseisavos de final e apuntar directamente a oitavos, se suma a cuarta vitoria, 12 puntos, no campo do Ludogorets.

Claudio Giráldez confía no triunfo: "Sabemos que facer 12 puntos estaría moi ben a estas alturas da competición. Despois temos dous partidos na casa e sería un paso importante para nós".

Pola súa banda, Óscar Mingueza apunta que "non se sabe se con 12 puntos estás clasificado seguro, porque hai un nivel moi alto na Europa League. Se conseguimos os 3 puntos estaremos máis preto"

A renovación de Mingueza é unha cuestión que preocupa o Celta antes de que en xaneiro o xogador poda negociar con outros clubs. O carrileiro recoñece que de quedar "non gañaría o mesmo ca noutro sitio pero eu busco as dúas cousas. Un pouco de comodidade e ao final todo inflúe e como xa dixen estou moi contento aquí".

O seu adestrador agarda un desenlace feliz para as conversas que se manteñen entre o xogador e o club: "Eu creo que si, son optimista".

O outro nome que saltou nas últimas horas é o de Fer López pero aí Claudio ten máis dúbidas: "Temos as licenzas ocupadas e creo que non ten moita veracidade ese rumor pero se me preguntas se me gustaría, evidentemente ,si"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade