O Celta quere pescar no río revolto do Real Madrid
O equipo regresou ao traballo este luns para empezar a preparar o partido que xogarán o domingo
O pasado sábado, os celtistas volveron lembrar o que puido ser e non foi, porque no medio da polémica do Real Madrid polo tema arbitral, apareceu unha publicación en X do club vigués, ofrecéndose para ocupar o lugar do Real Madrid, que especulaba con non presentarse, na final copeira.
E é que en Vigo aínda doe o que pasou no partido disputado no Bernabeu o pasado 16 de xaneiro, no que os vigueses quedaron eliminados da Copa, tras unha arbitraxe e unha actuación do VAR, que entenderon prexudicoulles excesivamente. Agora regresan ao estadio do Real Madrid o vindeiro domingo co obxectivo entre de gañar aos brancos, aproveitando o momento que viven tras perder a final e sen que estea claro o futuro do seu adestrador para a próxima tempada.
Queren gañar porque saben que lle poden facer fronte a calquera, porque queren quitarse a espiñiña da eliminación e porque, o máis importante, queren manter vivas todas as súas esperanzas de clasificarse para a competición europea e unha vitoria no Bernabeu sería un paso de xigante.
O equipo regresou ao traballo este luns para empezar a preparar o partido que xogarán o domingo. Esta semana pendentes de Carl Starfelt que xa traballa de forma parcial co grupo e que espera Claudio Giráldez poida recibir a alta médica esta semana e entrar na convocatoria