O Celta presentará un orzamento de 124 millóns de euros para a próxima temporada
Convocada a Xunta Xeral de Accionistas para o 1 de decembro ás 19:00
Presentará perdas por terceiro exercicio consecutivo.
@rccelta
O Celta convocou hoxe a súa Asemblea Xeral de Accionistas para o próximo martes de 2 de decembro. Nela presentará perdas por terceiro exercicio consecutivo. Este ano o déficit do club vigués ascende aos 4,6 millóns de euros, a pesar de realizar vendas por valor de 26 millóns, seis menos que no exercicio anterior que foron 32 millóns. A pesar deste balance negativo a entidade celeste asegura que a súa saúde financeira é boa xa que dispón de 57 millóns de euros en patrimonios netos, o que provoca que cumpra notablemente cos parámetros económicos da Liga que só lle pide 26 millóns de patrimonio.
Para a próxima tempada o Celta vai presentar para aprobación do seu accionado un orzamento récord de 124 millóns polos 107 da campaña anterior. Nas previsións do club tería un beneficio no seguinte exercicio de 474.000 euros. Para que iso suceda o club vigués debe vender este ano por valor de 32 millóns de euros, que se poderían reducir algo se o club consegue chegar lonxe na Europa League xa que só aparece contabilizada a participación na primeira fase da competición. Tamén está previsto un aumento nos ingresos por dereitos de televisión grazas a sétima praza obtida polo equipo celeste no pasado campionato.