Aspas: “Nin no mellor dos meus soños pensaba xogar 534 partidos co Celta”
O de Moaña dixo que a homenaxe de onte non é unha despedida
O internacional español Iago Aspas recoñeceu este xoves, durante a homenaxe que lle brindou o Celta tras o triunfo ante o Niza por converterse no futbolista con máis partidos oficiais na historia do club, que “nin no mellor” dos seus soños pensaba defender durante 534 partidos a camiseta celeste.
“Non teño palabras para describir todo o que sinto hoxe. Tamén quero darlle as grazas ao club porque desde o primeiro día que vin aquí sentinme como na miña casa”, comentou o capitán celeste.
Tamén tivo palabras de eloxio para o seu actual adestrador, Claudio Giráldez.
“Temos que seguir apoiando aos rapaces, eles foron os que nos trouxeron a Europa. Levamos nove partidos sen gañar en LaLiga, pero eu estou seguro de que as vitorias chegarán facendo o fútbol que estamos a facer. Está claro que hai que tomar riscos, pero eu prefiro tomalos con este xogo e cos rapaces ao meu lado”, declarou.
Aspas, ademais, dixo que a homenaxe de onte non é unha despedida.
“Aínda me quedan seis ou sete anos de contrato e moitos partidos para seguir gozando”.