O Celta busca a primeira vitoria da liga contra o Osasuna
Javi Rodríguez, con molestias, é dúbida para o partido de Pamplona
Jutglá, Zaragoza e Borja Iglesias podería ser o tridente ofensivo
A última sesión de traballo en Afouteza deixou a dúbida de Javi Rodríguez, que entrou na convocatoria, pero está pendente de probas físicas para ver se chega ao once inicial, ou xoga no seu lugar Manu Fernández.
O obxectivo en Pamplona: buscar fóra de casa a versión máis recoñecible do equipo vigués.
Despois de probar con dous noves fronte o Atlético de Madrid e con tres dianteiros ante a Real Sociedade, no Sadar todo apunta a un tridente formado por Borja Iglesias e Jutglá e Bryan Zaragoza.
Osasuna debuxa dentes de serra en canto a derrotas, empates e triunfos...o Celta, anda instalado nesa xeira de sete empates da que quere saír canto antes.