Cargando resultados...
O Baxi Ferrol só lle puido aguantar un cuarto ao Zaragoza
G24.gal
26/10/2025 14:41
Tamén o Baxi Ferrol pensou que o triunfo en Zaragoza era posible. Rematou o primeiro cuarto 2 arriba tras esta canastra de Joiner. Pero todo cambiou a partir de aí, un parcial de 23-12 no segundo cuarto colocou as actuais campioas da Supercopa con nove de vantaxe. Vantaxe que souberon xestionar no segundo tempo. E aumentala ata o 87-57 final. Sotolova, con 21 puntos foi a máxima anotadora do partido. As ferrolás teñen que recuperar enerxía e sensacións antes de recibir este mércores o Benfica na Eurocup. Verémolo ás oito e cuarto na nosa plataforma AGalega.gal