Publicador de contidos

Publicador de contidos

Goleada e clasificación do Depor ante o Sámano (1-5)

Goleada e clasificación do Depor ante o Sámano (1-5)

Sólida vitoria do Depor con dous goles de Barcia, Zaka, Stoichkov e Cristian Herrera (2)

A peor nova para os herculinos a lesión de Arnau Comas que tivo que ser sustituído no descanso

Debutaron os canteiráns Pablo García e Fabi

@RCDeportivo @RCDeportivo
G24.gal 30/10/2025 21:28

O Deportivo da Coruña clasificouse para a segunda rolda da Copa do Rei tras derrotar o Sámano, 1–5, nun choque onde fixeron valer a súa superioridade. Obxectivo cumprido para o Depor co acceso á segunda rolda e con pouco desgaste dos xogadores considerados coma titulares. Parreño, Mella, Villares, Soriano ou Yeremay non tiveron que participar, reservándoos Antonio Hidalgo para o partido de liga do próximo domingo en Zaragoza.

Os herculinos adiantaríase moi cedo no marcador ó rematar de cabeza Dani Barcia unha falta lateral botada por Luismi Cruz. O gol encaixado espolaría o cadro local que empataría mediante outra xogada a balón parado cunha cacholada de Ander Castillo. E cando semellaba que peor o pasaba o Depor, Cristian Herrera colocaba de novo por diante os seus aproveitándose dun despiste defensivo do equipo cántabro. A peor noticia para os coruñeses na primeira metade foi a lesión de Arnau Comas que tivo que ser substituído por Loureiro no descanso.

O guión do partido no trocou na segunda metade. O cántabro Jon López estivo a piques de igualar ao rematar ó pau traveseiro un saque de esquina. O Depor tiña o control do partido pero sufría en demasía no balón parado defensivo. A sentenza do partido chegaría tras un bo movemento de Zaka que cedeu atrás a Cristian Herrera que acadaría o segundo da súa conta cun bo remate coa perna esquerda. O gol serviu para reducir os ánimos dos locais e nos últimos minutos ampliaría a renda herculina cun gol de Zaka. E chegaría o quinto gol cun disparo de Stoichkov que anotaba desta forma o seu primeiro tanto coa camisola branquiazul.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade