Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pablo López, na previa do Tenerife: "Gañamos o dereito a competir contra o primeiro"

Pablo López, na previa do Tenerife: "Gañamos o dereito a competir contra o primeiro"

O Rácing recibe na Malata ao líder da categoría, o Tenerife (G2, 18:30 h)

Pablo López non estará no banco por sanción

G24.gal 31/10/2025 16:16

Este sábado na Malata o Rácing Club de Ferrol pon a proba a súa fortaleza ante o líder desta Primeira RFEF, o Tenerife, un partido que se poderá ver a través da G2 a partir das 18:30 h. No banco non sentará Pablo López, que debe cumprir sanción polo cartón vermello recibido en Balaídos e ocupará o seu lugar o segundo adestrador, David Pérez: "Un adestrador perfectamente preparado. Eu son o máximo responsable e estarei en comunicación sempre que poida".

Sobre o seu rival, todo un Tenerife descendido de Segunda División, Pablo López destacou que esixirá aos seus a todos os niveis. "Temos que competir moi ben para gañar a un superequipo, que ten o orzamento máis alto, oito xogadores da pasada temporada en Segunda. Sabemos ao rival ao que nos enfrontamos, pero estamos na nosa casa e coa nosa afección". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar