Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta afronta o derradeiro partido de preparación contra o Wolverhampton

O Celta afronta o derradeiro partido de preparación contra o Wolverhampton

O partido verase en directo na Televisión de Galicia o vindeiro sábado ás 16:00 horas

G24.gal 05/08/2025 13:48

O Celta comeza a preparar o último amigable da pretemporada. Será o vindeiro sábado diante do Woverhampton, equipo no que xogan Strand Larsen e Fer López, dous xogadores que pasaron polo cadro vigués e que deixaron unha importante cantidade económica cos seus traspasos á Premier League. Será un partido moi especial para os dous xogadores e o cadro celeste e que poderemos ver na Televisión de Galicia e Agalega.gal a partir das 16:00 horas

Tamén será unha cita clave para Miguel Román e Jones El Abdellaoui, dous xogadores que non teñen asegurada a ficha co primeiro equipo pero que están a realizar un gran período de preparación e buscan convencer a Claudio Giráldez para poder formar parte do primeiro plantel.

O noruegués está achegando goles e moita profundidade pola banda dereita. Miguel Román, pendente do seu futuro neste mercado de verán, busca a opción de xogar no primeiro equipo aínda que sexa con ficha do filial. Non se descarta unha cesión pois hai clubs da Segunda División interesados no centrocampista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade