Cargando resultados...
O Celta oficializa a saída de Gabri Veiga ao Al-Ahli
O xogador deixa o equipo celeste, en que disputou 56 encontros
Ficha por tres temporadas e o Celta recibirá 36 millóns de euros

G24.gal
26/08/2023 15:12
Anuncia o R. C. Celta a saída de Gabri Veiga dirección Arabia Saudí.
O club recibirá unha cantidade inferior á clausula de rescisión preto dos 36 millóns de euros.
Gabri Veiga deixa o clube ao que chegou con 13 anos e no que deu o salto ao profesionalismo. Despois de brillar na 1ª Federación co Celta B deu ao salto ao primeiro equipo, co que disputou 56 encontros e anotou 11 tantos.
O xogador foi chave na salvación do equipo celeste a derradeira tempada, anotando dous tantos no encontro decisivo en Balaídos ante o F. C. Barcelona na última xornada.
Gabri Veiga xogará no Al-Ahli.