Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta muda a tendencia e colócase á fronte da táboa

O Celta muda a tendencia e colócase á fronte da táboa

Había nove temporadas que non comezaba o campionato cunha vitoria

O venres recibe o Valencia, xusto antes de xogar en Vilarreal, partido que veremos na Televisión de Galicia

G24.gal 19/08/2024 21:43

Nove temporadas despois, o Celta volveu gañar o primeiro partido do curso para colocarse temporalmente á cabeza da táboa e ilusionar a afección. Muda a tendencia no inicio de liga e mantense o xenio do capitán. Iago Aspas, que rozou a expulsión no minuto 6, apareceu nos momentos cruciais para desatascar o partido fronte ao Alavés.

O Celta gaña confianza coa mirada posta na cita ante o Valencia deste venres. Tres días despois visita a casa do Vilarreal. Giráldez trata de axustar o once. Ante o Alavés foron determinantes os cambios executados tras o descanso. Williot asinou un golazo para empatar o encontro no minuto 66. O adestrador gabou o labor do canteirán Javi Rodrígez no seu debut na liga.

Borja Iglesias, ovacionado en Balaídos, tamén dispuxo de minutos no arranque ligueiro e podería ter continuidade ante o Valencia. Son dúbida Ristic, Luca de la Torre e Guaita, baixa a primeira xornada por unha sobrecarga muscular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade