O Celta aproba o presuposto máis alto da súa historia, con 107 millóns de euros
A presidenta Mouriño aposta por recuperar o músculo económico e reforzar o social e deportivo e polo crecemento de Afouteza
Tamén falou e establecer relacións internacionais con equipos para a mellora dos xogadores
O Celta celebrou a súa Asemblea de Accionistas, en que a presidenta Marián Mouriño, no seu primeiro ano de mandato, presentou o plan 2028. Un documento en que se recollen as liñas mestras do proxecto a longo prazo.
Tres obxectivos moi claros serán reforzar a conexión coa comunidade, mellorar a competitividade deportiva e recuperar consistencia económica. Tamén falou da ampliación de Afouteza non só como lugar de adestramento senón como casa do Celta Fortuna e As Celtas para xogaren os seus partidos. E tamén se referiu ás alianzas que está a buscar o Celta con equipos internacionais co propósito de foguear e descubrir novos talentos deportivos. Así o demostran as conversas que houbo no verán co equipo portugués do Paços de Ferreira para entrar como accionista.