Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta leva o Memorial Quinocho ante o Lión

O Celta leva o Memorial Quinocho ante o Lión

Carles Pérez anotou o gol no minuto 72

Un gran Iván Villar pechou a portería e Iago Aspas vai quentando motores

G24.gal 29/07/2023 21:55

Era un partido moi esperado contra un equipo cun gran prestixio en Europa, nada máis e nada menos que o Olympique de Lión.

O Celta comezou moi activo, tratando de animar e ilusionar a afección. Comezaron con tantas ganas que o canteirán Hugo Sotelo, que faría outro gran encontro, case fai o 1-0 antes do primeiro minuto de xogo.

Comezou apertando o Celta, mais os franceses demostraron rápido o seu nivel e obrigaron a aparecer a Iván Villar en varias ocasións, demostrando que en Casa Celta, aínda que se esperen fichaxes, o porteiro está a un gran nivel nesta pretempada.

O encontro igualouse e comezaron a ter máis peso os centrocampistas, polo que baixaron o número de ocasións. Os celestes estaban máis seguros en defensa, cun Cervi que se estreou no lateral esquerdo, unha das chaves que recalcou Benítez dende a súa chegada: ser máis solidos defensivamente.

Chegou o descanso e o adestrador meteu no campo a un Carles Pérez que sería do mellor do equipo na segunda metade. Aspas deixaría outro gran calcañazo que Larsen non aproveitaría e chegaría o carrusel de cambios.

Cando o encontro vía o seu fin, Carles aproveitaría un rexeito do porteiro tras golpearse con Cervi e picaríalla por riba aos defensas que trataron de parala. 1-0 e o partido estaba decidido.

Remataría o encontro e os vigueses lograrían a vitoria no seu trofeo. Faltan fichaxes e saídas, mais o Celta comeza ben a pretempada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade