Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta iguala o peor comezo dos últimos 40 anos en Primeira División

O Celta iguala o peor comezo dos últimos 40 anos en Primeira División

Igualou o de fai dúas campañas, con só catro puntos de 18 posibles nas seis primeiras xornadas

G24.gal 26/09/2023 13:55 Última actualización 26/09/2023 14:01

O Celta está a protagonizar un dos peores arranques ligueiros que se lembran. En concreto, igualou o de fai dúas campañas, con só catro puntos de 18 posibles nas seis primeiras xornadas.

O que supón vivir o peor comezo dos últimos 40 anos en Primeira División. Só hai dous anos, con Eduardo Coudet no banco, viviuse un inicio tan desesperanzador en cifras. Por entón, apenas un empate na segunda xornada no campo de Osasuna (0-0) e unha vitoria xusto na sexta xornada en Valencia contra o Levante (0-2).

Hoxe, a produción limítase ao momento sumado en San Sebastián, tamén na segunda xornada (1-1), e ao triunfo de fai dúas xornadas en Almería (2-3). Eses catro puntos é o menor froito celeste en seis encontros desde que a liga dispón de 20 equipos e con este sistema de puntuación (97/98).

E para atopar unha posta en escena peor hai que retrotraerse ata o curso 82/83, con Milorad Pavic no banco tras dous ascensos consecutivos, cando o único que houbo para botarse á boca no arranque foron senllos empates na casa ante o Español (2-2) e o Spórting de Xixón (0-0).

Un mal arranque tampouco supón unha condena, aínda que si unha laxa contra a que loitar. Hai dúas tempadas, o Celta soubo reconducir a súa situación para terminar décimo primeiro con oito puntos de renda sobre o descenso. Aquel 82/83 si que foi irreconducible, terminando a campaña nun descenso a Segunda.

Esta mañá preparou o partido do xoves ante o Alavés

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade