Cargando resultados...
O Celta homenaxea coa súa camisola o equipo das fazañas europeas
O deseño está inspirado na equipación que levou o equipo na temporada 1999-2000
G24.gal
21/06/2025 23:17
O Celta homenaxea coa camisola da vindeira temporada o equipo da temporada 1999-2000 que deu tanto que falar na competición europea. O novo Euro Celta intentará emular aquel conxunto dirixido por Víctor Fernández, que asoballou o Benfica (7-0) e a Juventus (4-0) nunhas noites que serán lembradas para sempre polos afeccionados celtistas.
