Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta gaña en Cáceres e queda a un paso da Final a 4 polo ascenso

O Celta gaña en Cáceres e queda a un paso da Final a 4 polo ascenso

O triunfo por 53-57 deixa a eliminatoria aínda aberta para a volta en Vigo

G24.gal 16/04/2023 10:55

O Celta Zorka Recalvi gañou na pista do Al Qázeres (53-57) e virá a Vigo defendendo esa marxe de catro puntos para estar na Final a 4 que decide o segundo ascenso á Liga Feminina. 

O equipo vigués non entrou con bo pé no partido (14-10 no primeiro cuarto), pero reconduciu a situación xusto antes do descanso (30-31). Dominou o segundo tempo e chegou a ter vantaxes de ata nove puntos no treito final (48-57) do encontro pero o equipo local meteuse no partido ata o definitivo 53-57. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos