Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna salva o empate co Mérida nun accidentado partido (1-1)

O Celta Fortuna salva o empate co Mérida nun accidentado partido (1-1)

Hugo González adiantou aos vigueses na primeira metade

O filial salvou dous penaltis do Mérida, pero quedou con 10 por expulsión de Capde

En inferioridade chegou o empate de Areso

Foto: @CanteiraCeleste
G24.gal 28/02/2026 20:34

O Fortuna sobrevive e puntúa contra o Mérida con dous penaltis en contra e unha expulsión.

Comezaron os locais cunha boa contra levada desde a dereita que acaba cun man a man de Marín e Dela, quen mete a punta da bota e saca como pode con Adrián.

Cinco minutos despois, o barullo na área céltica ofrécelle a  Manu Rivas a oportunidade dun bo lanzamneto e unha mellor resposta por parte de Coke Carrillo, que callou un partido sobresaínte.

Antes da primeira media hora de xogo, desentendese do balón Raúl Beneit e derruba a Álvaro Marín. O colexido pita penalti. Hai revisión e 8 minutos despois chega o gol de Hugo González desde os once metros. Revisa a acción Manuel Pozueta e ten que volver a marcar Hugo González, este si que vale para o Fortuna. Guerra psicolóxica, lado contrario. Un a cero.

E, nunha acción na que nin sequera protestan os xogadores do Mérida, o arbitro sinala penalti. Lanza Martín e para Coke Carrillo coa súa perna esquerda.

Logo de 5 minutos do reinicio, otro penalti a favor do Mérida, desta volta por man na barreira de Jan Oliveras. Volve a fallar o conxunto emeritense. Erra Chiqui a pena máxima.

Minuto 60, Manuel Pozueta expulsa por dobre cartón amarelo a Capdevila. A seguir, gol anulado a Alvaro Marín por leve empurón ao defensa do Mérida Luis Pareja.

E dunha acción que puido se-lo segundo dos vigueses ao empate do cadro estremeño. Minuto 67, gol de Javi Areso tras varios rexeitamentos; o Fortuna segue sumando puntos e xa van 49.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade