Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna non pode coa Ponferradina no Toralín (0-0)

O Celta Fortuna non pode coa Ponferradina no Toralín (0-0)

A Ponferradina comezou mellor, e o Celta dominou tras o descanso

O filial segue de segundo con 42 puntos

Foto: @CanteiraCeleste
G24.gal 08/02/2026 22:37

O Celta Fortuna foi a máis no partido do Toralín, pero a mellora tras o descanso non lle abondou para levar a vitoria nun encontro que rematou sen goles.

A Ponferradina saiu con moito máis impetu ao campo, e dispuxo das primeiras oportunidades: Unha perda de Dela motivou o centro de Cortés e o remate de Borja Valle que repeleu a defensa. O córner rematouno fóra San Emeterio, e Borja Valle volveu rematar desviado. Todo antes do minuto dez. O Fortuna non era quen de sair do seu campo con comodidade pero, co paso dos minutos, foise asentando e tendo máis posesión. O primeiro intento foi unha cabezada de Álvaro Marín que non levou perigo.

Logo dunha interrupción por lesión de Erik Morán no cadro local, unha entrada de Ger Nóvoa sobre Álvaro Marín foi revisada, pero o árbitro non amosou o cartón vermello.

A primeira da segunda metade foi do Celta Fortuna, e foi moi clara, cun gran remate de Hugo González desde a frontal que sacou abaixo Andrés Prieto. E, pouco despois, era Álvaro Marín o que topaba co pau local. O propio dianteiro intentouno despois á reviravolta, pero o balón marchou cruzado. As mellores da segunda metade foron para o filial, pero o marcador non se movía e o ritmo decaeu cos cambios e varias interrupcións por lesións.

Pero a máis clara ía ser para a Ponferradina, xa no tempo engadido. Un balón en profundidade que deixou so a Calderón diante de Coke. Desequilibrado, o porteiro sacou o man a man. Ao final, empate sen goles no Toralín, que lle serve ao Fortuna para seguir de segundo con 42 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade