O Celta Fortuna imponse con contundencia ao Andorra (3-0)
Os de Vigo estiveron intratabales nun partido con goles de Ángel Arcos, Johan Guedes e Tincho
Celta Fortuna e Andorra enfrontáronse en Balaídos nun partido clave para ambos equipos, que se atopan con posibilidades de entrar no playoff de ascenso.
Na primeira metade, o Celta Fortuna dominaría mantendo o control da posesión e dominando con múltiples ocasións de gol. Sería no minuto 26 cando, por parte de Ángel Arcos, chegaría o gol que adiantaría aos vigueses que se foron ao descanso con vantaxe no marcador, 1-0.
Comezaba a segunda metade cun Andorra algo máis metido no encontro con algunha ocasión e plantándolle máis cara aos de Vigo que aínda así non se viñeron abaixo con algunha oportunidade moi clara.
Xa contra o final do encontro chegaría o tanto de Johan Guedes tras un rexeitamento da defensa que aumentaría a vantaxe do Celta Fortuna. No minuto 88 anotou Tincho poñéndolle o ramo á goleada dos vigueses por 3 goles a 0 ante o conxunto andorrano.