Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna derrota ao Arenas (2-0) con goles na primeira e a última xogada

O Celta Fortuna derrota ao Arenas (2-0) con goles na primeira e a última xogada

Óscar Marcos e Angelito deciden para os de Fredi, que se asentan na parte alta

Foto: @CanteiraCeleste
G24.gal 21/09/2025 20:09

O Celta Fortuna instalouse tras a cuarta xornada nos postos de promoción de ascenso a segunda división. Fíxoo coa súa segunda vitoria, desta volta por dous goles a cero diante do Arenas de Getxo.

Foi un partido que se decantou axiña a prol dos intereses do equipo vigués. Apenas pasaran 35 segundos, cando o internacional Óscar Marcos abría o marcador a prol do filial nunha bonita xogada cunha parede con Angelito. Somuah estivo despois preto de ampliar a renda e, noutro disparo lonxano, Verde probaba a Coke Carrillo.

As mellores ocasións chegaban con disparos lonxanos por parte dámbolos dous conxuntos. E aí destacaron Coke e Anartz Peña, co que se estrelaban os intentos locais. Fóronse impoñendo os gardametas ata o tempo engadido. E aí, no minuto 95, Angelito culminou o seu bo partido co tanto da sentenza. Colleu o balón na divisoria, e pegou unha galopada para rematar por abaixo sobre a saída de Anartz. Dous a cero e tres puntos máis para o filial, que xa suma sete e queda na quinta praza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade