Publicador de contidos

Publicador de contidos

Celta Fortuna-Castelló: pola segunda en Balaídos, na TVG e AGalega.gal (21:30)

Celta Fortuna-Castelló: pola segunda en Balaídos, na TVG e AGalega.gal (21:30)

Fredi Álvarez referiuse a ese partido: "Temos moita ilusión, moita enerxia e hai que aproveitalo, aproveitar esta boa onda", confesaba o técnico

O Castelló chega á cita igualado na táboa clasificatoria cos vigueses tras sumar tamén catro puntos nos dous primeiros compromisos

Foto Celta Foto Celta
G24.gal 31/08/2026 16:07 Última actualización 31/08/2026 16:18

O Celta Fortuna continúa coa súa brillante estrea histórica en LaLiga Hypermotion recibindo ao C. D. Castelló no Estadio de Balaídos para pechar a xornada.

O filial olívico, baixo a dirección de Fredi Álvarez, asinou un arranque de tempada sobresaliente con catro puntos de seis posibles tras empatar fronte ao Cádiz e completar unha espectacular remontada por 4-2 ante o Andorra. A pesar de as baixas importantes respecto ao curso pasado, a nova fornada de canteiráns como Hugo Burcio ou Andrés Antañón está a demostrar unha madurez competitiva impropia dun debutante na categoría de prata.

Fredi Álvarez, referiuse a ese partido e ao meritorio inicio de temporada dos seus.

"Temos moita ilusión, moita enerxia e hai que aproveitalo, aproveitar esta boa onda", confesaba o técnico.

Con respecto ao Castelló, Fredi Álvarez dixo "é dos mellorers equipos da categoría, estamos arrancando e aínda hai moito que ver, pero para min é un equipo atrevido que xoga e deixa xogar".

O Castelló rende visita a terras galegas co obxectivo de asaltar o coliseo celeste e romper o idilio dos locais ante o seu público. O conxunto castellonense chega á cita igualado na táboa clasificatoria cos vigueses tras sumar tamén catro puntos nos dous primeiros compromisos ligueiros, polo que se prevé un choque de máxima igualdade entre dous proxectos que arrincaron o campionato con dinámicas moi positivas.

O partido poderemos velo en directo este luns na TVG e en AGalega.gal, a partir das 21:30 h.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade