Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fredi di que o Fortuna ten que "aproveitar esta onda"

Fredi di que o Fortuna ten que "aproveitar esta onda"

O adestrador do filial confesa que viven nun estado de ilusión

O luns reciben o Castellón en Balaídos

O partido poderemos velo o luns na tvg  

G24.gal 29/08/2026 15:09

O Celta Fortuna suma catro puntos nas dúas priemiras xornadas. Uns números a suliñar, pero máis se cabe ao tratarse da estrea deste grupo de rapaces na Segunda División, no fútbol profesional.

Este luns recibirán en Balaídos a un rival temible como é o Castellón e este sábado o seu adestrador, Fredi Álvarez, referiuse a ese partido e ao meritorio inicio de temporada dos seus. "Temos moita ilusión, moita enerxia e hai que aproveitalo, aproveitar esta boa onda", confesaba o técnico.

Con respecto ao Castellón, Fredi Álvarez dixo "é dos mellorers equipos da categoría, estamos arrancando e aínda hai moito que ver, pero para min é un equipo atrevido que xoga e deixa xogar".

O partido poderemos velo en directo este luns na tvg, a partires das 21:30 hs.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade