Cargando resultados...
O Celta Fortuna acada a cuarta vitoria consecutiva cun home menos en Salamanca (0-2)
Hugo González marcou un dobrete despois da expulsión de Iago Barreiros
Foto: @UnionistasCF
G24.gal
04/10/2025 23:30
Vitoria do Celta Fortuna por 0-2 na súa visita ao Unionistas e a pesar de xogar dende o minuto 35 cun home menos por expulsión de Iago Barreiros.
Hugo González fixo dobrete. Marcou o primeiro no 50. E no 83 fixo o 0-2 de penalti, que lles dá a cuarta vitoria ós de Fredi. O Celta Fortuna sitúase no segundo posto da táboa.
A imaxe para borrar do partido deixouna un afeccionado que cuspiu ó banco do filial celeste. A policía sacouno do campo.