Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta estuda reforzar a portería e entra en escena a opción de Arnau Tenas

O Celta estuda reforzar a portería e entra en escena a opción de Arnau Tenas

Radu e Iván Villar cometeron erros nos partidos de pretemporada e a dirección deportiva non descarta un movemento antes do final do mercado

G24.gal 05/08/2025 15:17

O Celta moveuse rápido no mercado para substituír a Vicente Guaita, titular nas dúas últimas temporadas. Coa chegada do romanés Radu parecía cuberto o posto de porteiro, con Iván Villar e Marc Vidal como segunda e terceira posibilidades. 

Pero, outro ano máis, a portería é un dos cabalos de batalla no mercado do Celta. As actuacións de Iván Villar e de Radu na pretemporada non acaban de convencer e na dirección deportiva préstase atención ao mercado para mellorar o posto. O primeiro sería deixar saír algún dos tres porteiros. Logo, atopar unha opción que sexa boa e que se axuste ao orzamento que manexa o Celta. 

A posibilidade de Arnau Tenas entra en escena. O internacional sub-21 e olímpico ten 24 anos, formouse no Barcelona e desde 2023 pertence ao París Saint Germain. A presenza de Donnarumma no campión de Europa quítalle moitas opcións de ser titular e non vería con malos ollos un traspaso ou unha cesión. Mesmo está por detrás do ruso Safonov na rotación de Luís Enrique. 

Non é unha posibilidade nada doada porque hai moitos equipos detrás de Arnau Tenas. Pero o Celta, polo seu estilo e co aliciente de xogar en Europa este ano semella un destino moi apetecible. Para que se dea a ecuación precísanse antes varias operacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade