O Celta busca a terceira vitoria consecutiva no difícil Metropolitano
O Celta marchou cara Madrid á procura da terceira vitoria consecutiva e coa lembranza da espectacular segunda parte ante o Cádiz. Viaxou coa baixa de Óscar e con Coudet a voltas con darlle continuidade ao equipo que marabillou nesa seguda metade con Larsen e Gabri.
"A ver como arrancamos, imos agardar ata o último momento", indicaba Coudet na previa.
Enfronte agarda o Atlético. Sempre competitivo con Simeone, pero o que se lle nota fóra de punto neste arranque. Vén de gañar in extremis na Champions e de empatar coa Real na Liga.
"Enfrontámonos cun equipo que xoga moi ben, cun técnico coas ideas moi claras para o que busca, e transmitiuno moi ben", cre o técnico atlético.
E todo nunha semana na que soubemos que o Celta é un dos cinco equipos de Primeira que baixa o seu límite salarial. Queda en 63.800.000€ . Na que asistimos tamén á primeira entrevista en exclusiva de Coudet, foi na Radio Galega e na que reparamos na súa faciana, na súa reacción cando lle preguntaron se se estaban a dar os pasos axeitados pra poder conquerir o tan ansiado título.
"Creo que o club ten unha boa intención, como dicía anteriormente, non teño nada que reclamarlles, porque vin a intención", indicou o técnico.