Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B xoga á noite na G2 nunha xornada chea de emoción na 1.ª RFEF

O Celta B xoga á noite na G2 nunha xornada chea de emoción na 1.ª RFEF

G24.gal 05/11/2022 14:55

O Racing apóiase na forza do grupo para superar as adversidades. E é que Cristóbal Parralo matina os cambios obrigados na defensa. Tras as lesións dos laterais, agora é o central Jon García quen ten que realizar unha artroscopia nun xeonllo e estará de baixa varias semanas. Cristóbal prepara a Fornos ou Bourdal para substituílo mañá ante Unionistas e tentar recuperar o liderado.

Convencido tamén está o novo adestrador do Deportivo das posibilidades do seu equipo. Con seis puntos sumados en tres partidos, Óscar Cano confía agora en enlazar dúas vitorias para liberar a presión dos futbolistas. Esta tarde xogan en Alxeciras coa posibilidade de regresar a postos de promoción.

Tamén hoxe, o Celta B visita o Badaxoz no partido que ofrecerá a TVG ás nove da noite. O rival é antepenúltimo, leva tres derrotas seguidas e ten moitas dificultades para facer gol. Oportunidade para afastarse da zona baixa a dos vigueses, que marcan en todos os partidos.

O Pontevedra buscará a súa primeira vitoria fóra da casa na visita a un Real Madrid Castela que vén de derrotar o Deportivo e o Celta B. Os granates viaxan cos ánimos renovados. Non poderán repetir o equipo da vitoria de Pasarón porque dous titulares, Churre e Brais Abelenda, están sancionados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade