O Celta Fortuna elimina ao Europa (3-2) e xogará a final polo ascenso á 2ª
Os de Fredi remontaron un tanto inicial, pero a eliminatoria chegou á prórroga
Un golazo de Ángel Arcos certificou a clasificación para a rolda definitiva por primeira vez
O filial enfrontaráse coa Ponferradina, tamén con vantaxe en caso de igualada
Foto: @CanteiraCeleste
O Celta Fortuna clasificouse por primeira vez para a final polo ascenso. Fíxoo eliminando ao Europa, nunha eliminatoria disputada ata o final polos cataláns que, como xa fixeran na ida, adiantáronse no marcador en Balaídos. Foi cun gol do seu pichichi, Jordi Cano, no minuto 28'.
O equipo vigués non atopou solucións durante a primeira metade, pero non se puxo nervioso. So precisaba un tanto que volvese igualar o global, e darlle a vantaxe no caso de prórroga. E na segunda metade mellorou da man de Somuah, que entrou como revulsivo.
A remonta chegou con dous claros penaltis. O primeiro, por empurrón de Meshak sobre Burcio. E o segundo, nun man a man de Somuah que cortou de xeito antirregulamentario Flere. As dúas penas máximas transformounas Hugo González para colocar ao Celta FOrtuna por diante.
Pero, no minuto 78, o árbitro sinalaba outro penalti, este a prol do Europa, logo dun leve agarrón na área de Joel López sobre Óscar Vacas. Apareceu outra vez o pichichi, Jordi Cano, para deixar a súa marca nos 25 goles esta temporada, e mandar o partido á prórroga.
No tempo suplementario o Fortuna clasificábase se non había goles. Pero apareceu ÁNgel Arcos para asegurar o triunfo. Foi no minuto 107, cando colleu un balón entre liñas, e sacou un golpeo raso lonxe do alcance de Flere. 3-2, e o Fortuna disputará, no seu sétimo intento, a eliminatoria definitiva polo ascenso. Disputaráse a partir da semana que vén diante da Ponferradina, tamén con vantaxe dos vigueses no caso de igualada.