Cargando resultados...
O Celta B tropeza no campo do pechacancelas
Perdeu por 2-0 cun Tudelano que non gañara ningún partido esta temporada e que marcou os goles no primeiro cuarto de hora
G24.gal
19/12/2021 13:54
O Celta B perdeu no campo do Tudelano por 2-0 no que foi o primeiro triunfo da temporada para o equipo navarro. Os dous goles chegaron nos primeiros quince minutos. Marcaron Alex Gualda e o ex do Lugo Pablo Caballero.
Non foi o día para os de Onésimo aos que lle custou moito fiar fútbol nunha mañá moi fría e na que case non tiveron oportunidades para meterse no partido.