O Celta B tira proveito do tropezo dos cinco primeiros clasificados
O Celta B tira proveito do tropezo dos cinco primeiros clasificados
O Deportivo perdeu unha grande oportunidade para poñerse a dous puntos do líder
O Pontevedra, penúltimo clasificado, visitará o filial celeste a vindeira xornada (G2 e G24)
A xornada na Primeira Federación puido deixar o Deportivo a dous puntos do liderado, pero os coruñeses desperdiciaron unha ocasión de ouro ante o San Fernando, cuarto pola cola. O Deportivo acariñou a vitoria tras o 1-2 de Quiles. Era o minuto 78. No 95, Jose Carlos puxo as táboas na última acción do partido.
Falta capacidade para xestionar, dixo o técnico deportivista. E unha argumentación semellante empregou Critóbal Parralo para explicar o empate a uns dos ferroláns ante o Ceuta, pechacancelas do grupo.
Segundo empate consecutivo do Racing e seis xornadas sen perder para o filial do Celta. Os de Claudio Giráldez sumaron unha vitoria de prestixio na casa do Córdoba, terceiro clasificado, con goles de dous canteiráns que lle piden paso ao primeiro equipo: Iker Losada e Lautaro.
Os celestes xa son sextos, a dous puntos da promoción para o ascenso. O Pontevedra non gañou, e xa van catro xornadas, pero sumou un punto ante o filial do Real Madrid, segundo clasificado. Marcou Charles sobre a bucina.