Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B sofre a remonta do Real Madrid Castela (1-2)

O Celta B sofre a remonta do Real Madrid Castela (1-2)

O filial adiantouse cun golazo de Miguel Rodríguez

O Castela remontou con dous goles en tres minutos

G24.gal 29/10/2022 20:30

Ao Celta B pasoulle algo similar ao do primeiro equipo nesta xornada. Adiantouse diante do Real Madrid Castela cun golazo, o de Miguel Rodríguez no minuto trece de partido. Os de Giráldez saíron moito mellor ca o seu rival, e puideron sentenciar neses minutos.

Pero o filial madridista deulle a volta ao resultado antes do descanso. Edgar e Álvaro Rodríguez marcaron no 32 e no 35, nas dúas únicas chegadas do equipo de Raúl en toda a primeira metade. Na continuación, o xogo baixou en intensidade e en ocasións. O Celta B xa non foi quen de crear o mesmo perigo que no treito inicial e acabou perdendo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar