Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B estraga dous penaltis na derrota en Zamora

O Celta B estraga dous penaltis na derrota en Zamora

O filial celeste xogou en superioridade a última media hora

O único gol do partido marcouno Marcos Baselga no último minuto da primeira parte

G24.gal 20/03/2022 14:57

O Celta B perdeu en Zamora (1-0) o segundo partido consecutivo. E iso que dispuxo de dous penaltis ao seu favor. Jordan Holsgrove na primeira parte e Álex Martín na segunda non estiveron atinados desde o punto de penalti. 

Ao borde do descanso chegou o único gol do partido, anotado por Marcos Baselga. O equipo de Yago Iglesias defendeuse con todo, máis cando quedaron en inferioridade no minuto 65, na acción do segundo penalti. 

O Celta B tentouno ata o final e tivo unha grande ocasión no engadido, pero marcou de baleiro do Ruta da Prata. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade