Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B derrota a Cultural en Balaídos (2-1)

O Celta B derrota a Cultural en Balaídos (2-1)

Íker Losada e Hugo Sotelo, de penalti, marcaron os goles do filial

Foto: @CanteiraCeleste
G24.gal 10/12/2022 19:15

O Celta B sufriu, pero gañou. Foi logo dun partido onde tratou de controlar e controlarse máis, de non ofrecer facilidades atrás. Aos 23 minutos tomou vantaxe tras unha acción entre Iker Losada e Lauti que acabou co zapatazo do propio Losada. Quinto gol da temporada pro killer de Catoira. O lanzamento petou en Amelibia

Co gol o filial seguiu a controlar, a dominar, ata que chegaron os cambios da Cultural, ao cuarto de hora da segunda parte. En especial, coa entrada de Solís, melloraron os de León. E rápido encontraron aí o empate. Saque de esquina que acaba por remachar Amelibia. Minuto 61.

Mais o Celta B amosou enteireza, aguantou o tirón e volveu poñerse por diante despois dun penalti de Tarsi a Tincho. Marcouno Hugo Sotelo. 2-1 pro Celta B con 18 minutos por diante nos que houbo que sufrir. Porque a Cultural centrouse sobre a meta galega e tivo opcións ata o segundo final. Con Muñoz e o porteiro Cuba salvador.

Vitoria importante do Celta B que confirma a melloría, que os afasta do perigo e que os anima agora a mirar cara arriba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos