Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta B comeza a liga con derrota fronte ao Sanse (1-2)

O Celta B comeza a liga con derrota fronte ao Sanse (1-2)

Miguel Rodríguez non puido neutralizar o dobrete de Pedro Benito para os madrileños

G24.gal 28/08/2022 14:07

A liga botou a andar en Barreiro e fíxoo coa sensación de que este Celta B vai coma un tiro para arriba, pero desorganízase e é feble cara abaixo. Ao Sanse bastoulle un saque de banda para tomar vantaxe cun gol de Pedro Benito. Noutra saída serviu Arturo e marcou o propio Pedro Benito o segundo. Minuto 15.

Mais nese panorama de desequilibrio, cando un equipo ten a calidade e xoga coa determinación deste Celta B o afeccionado ten que estar preparado para todo. Porque nunha arroutada igual lle dá volta. Miguel mandouna ao longueiro e, antes do descanso, o propio Miguel poñia o 1 a 2 no marcador.

Na bancada, fronte ao palco, seguía o partido Coudet. Na segunda parte o que viu foi diferente, o filial baixou unha marcha, buscou armarse e perdeu frescura. O Sanse xa non inquedou, pero o Celta só ameazou con Miguel Rodríguez e non lle deu. 1-2, final en Barreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade