O Celta B cae da fase de ascenso no último intre
Non gañou o seu partido no campo da SD Logroñés (1-1) e viu como o gol do Majadahonda no engadido os sacaba dos postos de privilexio
Dominou o Celta B na primeira metade e tivo as mellores oportunidades, con Iker Losada hiperactivo polo costado esquerdo do ataque celeste. No minuto sete, Miguel Rodríguez non acerta coa portería contraria noutra boa transición ofensiva dos de Onésimo.
A seguir, acción que inicia Alfon e que finaliza Álex Carbonell cun lanzamento que se vai lonxe da portería de Saúl. Insistia o filial celeste pola banda esquerda ante do momento de refresco e logo da pausa de hidratación. E despois dunha boa xogada de Fabricio que arrinca no centro do campo, chegaba o gol do Celta B cun lanzamento do dianteiro celeste que peta en Pelayo e bate a Saúl. Un a cero.
O resultado era bo, pero non as sensacións. A réplica rioxana, uns intres despois, xogada pola dereita e gol de Jon Ander, que resolve con oficio ante Gaizka Campos. Minuto 71. O Celta B acaba sexto, con 61 puntos a un do raio Mahadahonda e do UD Logroñés.
A UD Logroñés dependía doutros resultados pero encamiñou rápido o seu partido. Todas as olladas foron cara Badaxoz onde o Majadahonda tampouco facía os deberres. Empataba ata que no minuto 94 Héctor Hernández anotou o gol que metía o equipo madrileño entre os cinco mellores e sacaba o Celta B.