Baleares, rival do Celta nos dezaseisavos da Copa do Rei
Baleares, rival do Celta nos dezaseisavos da Copa do Rei
Atlético de Baleares-Real Club Celta, ese será o enfrontamento do único equipo galego que queda na Copa do Rei.
O partido será entre o 4 e o 6 de xaneiro no Estadio Balear, de céspede natural e con capacidade para 6500 espectadores.
Veñen de eliminar 5-0 o Xetafe.
O Baleares é actualmente terceiro clasificado no Grupo II da Primeira Federación.
Esta foi a reacción do Baleares e do seu director deportivo, Patrick Messow:
Minuto a minuto
Comeza o sorteo!
Primeiro emparellamento confirmado: Mancha Real - Athletic Club
Rayo Majadahonda - Atlético de Madrid no Cerro do Espino
O Alcoyano de Jose Juán xogará contra o Real Madrid, repítese o partido do ano pasado!
Linares - Barcelona
Baleares - Celta!
O resto de enfrontamentos:
Valladolid - Betis
Almería - Elche
Mirandés - Raio Vallecano
Cartaxena - Valencia
Spórting - Vilarreal
Eibar - Mallorca
Fuenlabrada - Cádiz
Leganés - Real Sociedade
Xirona - Osasuna
Zaragoza - Sevilla
Ponferradina - Español.