Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta afrontará ao completo o partido contra o Sevilla

O Celta afrontará ao completo o partido contra o Sevilla

Carvalhal recuperou a tempo a Renato Tapia, o único xogador con molestias

O Sevilla recuperou os mundialistas pero conta con numerosas baixas para a cita de Balaídos

G24.gal 28/12/2022 10:57

Este venres xoga o Celta. Balaídos acollerá o partido ante o Sevilla nun duelo entre dous equipos na parte baixa da táboa e separados por tan só un punto. O Celta é décimo sétimo e o Sevilla décimo oitavo. Carvalhal ten a todos dispoñibles tras superar Renato Tapia unhas molestias no nocello.

Será un partido especial para Iago Aspas, que fará 300 partidos en Primeira. Precisamente 16 deses partidos o moañés vestiu a camiseta do rival do venres, o Sevilla; o resto dos partidos disputounos como xogador celeste.

No Sevilla, os mundialistas arxentinos e marroquís están de volta. Hoxe xa adestraron Montiel, Acuña, En Nesiry e Bono. Montiel será baixa en Balaídos por sanción. Sampaoli terá que romper a cabeza para a convocatoria xa que conta cunha decena de baixas para o partido do venres. De feito o técnico arxentino ten dispoñibles a tan só 12 homes do primeiro equipo para a cita de Balaídos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos