Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta afronta a Copa con ambición e sen Iago Aspas

O Celta afronta a Copa con ambición e sen Iago Aspas

G24.gal 12/11/2022 14:39

O Celta xogará o seu partido da primeira eliminatoria da Copa do Rei fronte ao Algar sen Iago Aspas. Carvalhal prescinde do seu máximo goleador "para non correr riscos" por mor das súas molestias físicas.

O resto do plantel estará ao completo, incluído Strand-Larsen, recuperado dunha lesión. Na portería xogará Iván Villar, segundo confirmou o técnico.

Carvalhal dixo que xogarán "os que fagan méritos, non por ser canteiráns". Lembrou que el, como adestrador xogou dúas finais de Copa en Portugal co Leixoes e co Braga e que "sempre o partido máis complicado foi o primeiro".

O adestrador luso dixo que xogarán o partido "con moita seriedade, con moito respecto ao rival e co obxectivo de seguir adiante na Copa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade