Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta remata unha gran primeira volta gañando en Sevilla (0-1)

O Celta remata unha gran primeira volta gañando en Sevilla (0-1)

Marcos Alonso de penalti anotaba o gol vigués nos últimos minutos do partido

Os celestes suman 29 puntos ó remate da primeira volta e rematan na zona alta da clasificación

G24.gal 12/01/2026 21:54

O Celta segue coa súa voa xeira de resultados e onte prolongou a súa boa dinámica gañado en Sevilla no partido co que remataba a primeira volta da competición. Os de Claudio Giráldez suman 29 puntos e con esta vitoria reafirman as súas ambicións ligueiras esta temporada.

O Sevilla saíu máis intenso desde o inicio. Cunha presión moi adiantada que creaba problemas o Celta á hora da saír desde atrás pero co paso dos minutos o conxunto vigués foi asentándose sobre o terreo de xogo. Guiados por Iago Aspas, xogando máis de centrocampista que de dianteiro, os vigueses buscaban conecrae unha contra para poñerse en vantaxe no marcador. E estiveron preto. Primeiro cunha acción vertical de Bryan Zaragoza que se topou co despexe do porteiro Odysseas e logo cunha xogada trenzada entre Aspas e Moriba que rematou Javi Rodríguez de forma inocente ás mans do meta sevillista. Chegábase o descanso con maior control de pelota do equipo local pero sen chegar a  disparar sobre a portería de Radu.

O guión do partido non cambiou na segunda metade pero o Celta tiña máis problemas para a meazar á área contraria. Claudio moveu ficha e retirou do terreo de xogo a Borja Iglesias e Iago Aspas para que entrasen no mesmo Pablo Durán e Williot Swedberg. Non lle gustaba a Claudio o que veía e refrescaba máis o equipo coa entrada ó campo de Javi Rueda e Hugo Álvarez. O equipo hispalense seguía amosándose moi agresivo na presión e os vigueses non atopaban o fútbol necesario para inquietar a portería andaluza. Ata que Swedberg realizou inha incursión na área contraria. O seu remate foi despexado por Odyseass que repetiría acción ó salvar de forma milagreira o disparo de Moriba no rexeite da primeira intervención. Esta acción meteu medo no corpo do equipo sevillista. E acto seguido o propio Moriba era derribado dentro da área por Oso. O colexiado Jose María Sánchez sinalaba o penalti que se encargaría de transformar Marcos Alonso. Restaban pouco máis de tres minutos para o final. Os vigueses souberon aguantar o marcador e sumaron tres puntos importantísimos para rematar a primeira volta con 29, empatados na sexta posición co Betis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade