Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inesperada derrota do Celta en Bulgaria (3-2)

Inesperada derrota do Celta en Bulgaria (3-2)

Os vigueses concederon demasiadas facilidades defensivas que foron aproveitadas polo equipo de Razgrad

Pablo Durán e Jones foros os goleadores celestes

@rccelta @rccelta
G24.gal 27/11/2025 19:09

Derrota do Celta en Bulgaria nun mal partido do equipo celeste. A debilidade defensiva e o pouco tino nas accións ofensivas condenaron ó cadro olívico que aínda así mantén unha boa situación para clasificarse para a seguinte rolda.

Claudio Giráldez optou por refrescar o equipo. Soamente repetía Moriba respecto o 11 de Mendizorroza é a gran novidade era a estrea co primeiro equipo do canteirán Ángel Arcos. Pero a posta en escena non foi a esperada. O conxunto búlgaro sorprendeu nunha contra que rematou nun claro penalti cometido por Manu Fernández sobre Caio Vidal.  Stanic converteu a pena máxima e o Celta tiña que remontar. Pero esa reacción non chegaba. É máis, puido anotar o segundo o Ludogorets nun man a man de Caio Vidal con Iván Villar no que non atinou o xogador brasileiro. Nos últimos minutos da primeira metade o Celta volcouse máis sobre á area contraria. Ángel Arcos tivo o empate nas súas botas tras unha xogada de Jutglá pero o seu remate non colleu portería.

No descanso Claudio moveu ficha. Entraron Miguel Román e Pablo Durán no sitio de Damián e Jutglá. E outra vez ao pouco de comezar chegou un novo gol dos de Razgrad. E de novo obra de Stanic tras unha xogada de estratexia. Aspas e Zaragoza foron os recursos para buscar a remontada pero de novo Stanic anotaría tras un novo penalti cometido por Manu Fernandez sobre Caio Vidal. Pablo Durán despois dun gran pase de Bryan Zaragoza reduciría diferenzas para os vigueses. O propio Durán e Moriba gozaron de boas oportunidades para meter no partido os celestes . Marcarías Jones no minuto 95. E o propio xogador noruegués estivo a piques de acadar o empate na xogada posterior.

A falta de tres xornadas para rematar a fase de grupos o celta suma 9 puntos. Por Balaídos teñen que pasar Bolonia e Lille e aínda restará viaxar a Belgrado para xogar ante o Estrela Vermella na última xornada desta liga. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade