Publicador de contidos

Publicador de contidos

Giráldez: "Queda encamiñada a clasificación pero lonxe aínda para pensar en cotas máis altas"

Giráldez: "Queda encamiñada a clasificación pero lonxe aínda para pensar en cotas máis altas"

O técnico amosou a súa satisfacción polo gran partido do seu equipo

Louvou a figura do porteiro Iván Villar. titular ante a ausencia de Radu

G24.gal 06/11/2025 21:20

Claudio Giráldez chegou a sala de prensa do Maximir de Zagreb contento polo bo partido realizado polo seu equipo pero xa pasando páxina para centrarse no seguinte partido ligueiro que terá o domingo ante o Fútbol Club Barcelona. Ademais tivo palabras de recoñecemento para a actuación do porteiro Iván Villar

"Firmaríamos ter 9 puntos a estas alturas. Queda encamiñada a clasificación pero lonxe aínda para pensar en cotas máis altas. Fixemos unha primeira metade brillante. Quedo moi contento polos cambios no 11, polo troco de sistema ... fixemos unha primeira parte moi completa. Na segunda estivemos ordenados e sen sufrir en exceso. Cun ritmo máis baixo que non me gustou"

"Contento por Iván. Fixo un partido moi meritorio, moi completo. Meréceo. Ten que darnos confianza a todos na nosa portería. Alégrome por Iván, por Carlos, Mihailo que xogou 90 minutos, Younes ...Gústame poñer o nome de Iván hoxe porque creo que o merece"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade