Cargando resultados...
Parreño: "Esta competición é moi longa. Non hai que facer cábalas"
O Deportivo é líder con 8 puntos de vantaxe sobre o sétimo
Os galegos buscan en Albacete a quinta vitoria seguida na liga
Conta de X de Deportivo
G24.gal
27/11/2025 13:58
Última actualización 27/11/2025 14:27
O Deportivo é o líder da segunda división con 15 xornadas de liga disputadas. Sácalle 8 puntos de vantaxe ao sétimo clasificado, que é o posto que queda fóra da zona de play off de ascenso. O colchón é importante pero o porteiro Germán Parreño lembrou hoxe que a segunda división é moi longa.
"Queda bastante. Pode pasar de todo. É unha competición moi longa, moi difícil. O que se centre máis no día a día sen facer cábalas, e menos a estas alturas, é o que máis rédito lle vai sacar ao seu traballo", resaltou Parreño.
O Deportivo xoga o sábado en Albacete. Defende o liderado e tentará sumar a quinta vitoria seguida na liga.