Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vitoria in extremis do Atleti ante o Inter (2-1)

Vitoria in extremis do Atleti ante o Inter (2-1)

Julián Álvarez adiantou ós atléticos pero Zielinski empatou para os italianos

Jose María Giménez anotou o gol da vitoria no tempo de prolongación

G24.gal 26/11/2025 22:39

Un gol do uruguaio José María Giménez no minuto 93 deu a vitoria ó Atlético de Madrid ante o Inter de Milán (2-1) no partido da quinta xornada da primeira fase da Liga de Campións disputado no estadio Metropolitano.
Na primeira metade Julián Alvarez adiantou ao Atleti nunha xogada moi protestada polos interistas por unha posible man de Baena. No inicio do segundo tempo chegaría o empate dos italianos ó culminar Zielinski unha boa xogada trenzada con Bonny. Reaccionaría o equipo de Simeone pero tivo que esperar ata o final para atopar a recompensa.  No minuto 93 Giménez rematou de cabeza á rede un saque de esquina botado por Griezmann.

Con este triunfo o Atlético suma nove puntos e mantén intactas as súas opcións de rematar no Top 8 da Liga ó remate desta primeira fase. O Inter encaixa a súa primeira derrota europea nesta temporada xa que ata hoxe gañara os catro partidos disputados ata o momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar