Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empate sen goles do Athletic en Praga ante o Slavia (0-0)

Empate sen goles do Athletic en Praga ante o Slavia (0-0)

Sabor agridoce para un Athletic que segue con moitos problemas de cara á portería contraria

Sancet e Robert Navarro dispuxeron das mellores ocasións dos vascos no partido

@AthleticClub @AthleticClub
G24.gal 25/11/2025 21:27

O Athletic Club empatou sen goles na súa visita ao Slavia Praga na quinta xornada da Liga de Campións e sumou un punto que lle sabe a pouco despois de non aproveitar algunha das ocasións das que dispuxo no Fortuna Arena

Na primeira metade Oihan Sancet tivo a mellor ocasións para os bilbaínos pero o seu remate foi detido sen problemas polo meta checo Stanek. O partido tiña pouco ritmo e nin vascos nin centro europeos chegaban con perigo á área contraria. Nada máis comezar a segunda metade volvería a ter unha grande oportunidade o Athletic. Esta vez nas botas de Robert Navarro, que non acertou nin no primeiro remate nin no posterior rexeite. Entraría Nico Williams no campo para dotar de máis chegada os de Valverde. Pero o Slavia defendíase con orde e semellaba dar por bo o empate sen goles. Rozou o gol nunha xogada a balón parado pero tamén o equipo vasco estivo preto do gol despois dunha boa internada de Unai Gómez.

Ao final, táboas no marcador que deixan o Athletic con catro puntos e coa necesidade de sumar nas tres últimas xornadas para poder seguir na seguinte rolda da máxima competición europea. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos