Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dura derrota do Barcelona en Londres ante o Chelsea (3-0)

Dura derrota do Barcelona en Londres ante o Chelsea (3-0)

Mal partido dos blaugranas que foron moi inferiores ó cadro londiniense

Ronald Araujo foi expulsado na primeira metade

@FCBarcelona_es @FCBarcelona_es
G24.gal 25/11/2025 21:26

O Fútbol Club Barcelona complicouse as súas opcións de entrar no TOP 8 da Champions League tras caer derrotado en Londres ante o Chelsea (3-0). Enzo Maresca gañou a partida de estrategas a Hansi Flick e o seu equipo foi moi superior a un rival ó que asoballou durante os noventa minutos do partido.

Nos primeiros minutos de partido Ferrán desaproveitou a mellor ocasión para os culés o errar na definición un man a man con Robert Sánchez. Pero a presión dos londinenses creaba moitos problemas ó Barca. O colexiado anulou en duas ocasións dous goles de Enzo fernández, o primeiro por man e o segundo por fora de xogo. Non anularía o anotado por Kounde en propia porta, tras un mal despexe do francés despois dun remate co taco de Estevao. O gol facía xustiza ó visto sobre o terreo de xogo e o Chelsea colocábase con avantaxa no marcador. E o partido aínda se lle complicaría máis os de Flick despois da xusta expulsión de Ronald Araujo á beira do descanso.

O Chelsea vería como se lle anulaba un terceiro gol no inicio da segunda metade. Esta vez ao brasileiro Andrey Santos. Pero Estevao tras unha brillante xogada individual ampliaba a diferenza "blue" poucos minutos despois. Cun xogador menos no campo e con desvantaxe no marcador o Barcelona tentou minimizar danos. Pero non o conseguiría xa que Liam Delap anotaba o terceiro gol dos londinienses tras un pase de Enzo Pérez. Foi a sentenza final para a mala note vivida polo equipo blaugrana en Stamford Bridge.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos