Publicador de contidos

Publicador de contidos

O carballo de Conxo empata en cabeza para ser a árbore europea do ano

O carballo de Conxo empata en cabeza para ser a árbore europea do ano

O día 28 pecha a votación na internet

G24.gal 18/02/2022 21:20

Arredor de catrocentos anos de vida, unha xoia botánica, pero tamén árbore emblemática polo célebre banquete libertario de 1856. "Viu xermolar as ideas que construiron o mellor da Europa na que vivimos", resalta Manolo Rivas nun víudeo de apoio.

"É a primeira vez que pido o voto, e vai ser para un carballo. Despois do que pasou en Benidorn fest..."Manolo Rivas e Luís Zahera xa deron o apoio. As Tanxugueiras poderían facelo nos vindeiros días.

Cómpre un último esforzo neste treito final do concurso."Quedan apenas dez días para que remate a votación convocada a través da internet por unha ong, nunha sorte de Eurovisión das árbores. Vai técnicamente empatado cun carballo polacvo. O mellor nesta ocasión é que só conta o voto popular".

O marcador vai axustadísimo, apenas un puñado de votos de diferenza entre o noso carballo e o polaco.  "A partir do día 22 non se verá o reconto de votos, pero a votación poderá facerse ata as doce da noite do día 28, ata fin de mes, asúi que aínda quedan uns días", apunta Henrique Alvarellos, editor e colaborador moi activo nesta iniciativa.

"Estamos falando aquí de se 96 mil, de se 95 mil, de como van eses polacos, que non nos podemos despistar", di unha veciña. "Estou encantadísima con isto uero pensar que tamén toda a xente, sobre todo os que somos de Conxo de toda a vida", asegura outra veciña. 

O concello compostelán promete converter cada voto nunha árbore. Algunhas sairán das landras deste insigne carballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade