Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas segue sen gañar tras caer en Bidasoa (30-27)

O Cangas segue sen gañar tras caer en Bidasoa (30-27)

Os do Morrazo foron por diante no marcador ata o inicio da segunda metade

Rematarán a xornada na última posición da clasificación

@CDBidasoaIrun @CDBidasoaIrun
G24.gal 12/12/2025 22:08

Nova derrota do Cangas na liga Asobal. Esta vez en Bidasoa ante un dos equipos da zona alta da clasificación. Os de Quique Domínguez reduciron os locais ata que apareceron o polonés Piotr Mielzcarski e o chileno Rodrigo Salinas para darlle a volta ao adverso marcador do primeiro tempo. O Cangas entrou moi ben no partido collendo rapidamente vantaxe no marcador grazas os goles de Manu Pérez e Arnau Fernández. 

O cambio dos locais a unha defensa 5:1, cos longuísimos brazos do polaco Piotr incomodando as circulacións galegas, xunto á desgraciada lesión de nocello de Valderhaug, cambiaron o signo do encontro nos minutos finais e o marcador quedou aberto para o segundo tempo aínda que cos de Cangas mantendo unha mínima vantaxe.

No tramo final impoñeríase o mellor físico do equipo vasco ante un Cangas exhausto, a pesar do gran traballo de Mateo Pallas na súa portería. Derrota honrosa dos cangueses que unha semana máis seguirán no fondo da clasificación da liga Asobal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade