Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cangas rexorde e gaña na pista do Torrelavega (28-30)

O Cangas rexorde e gaña na pista do Torrelavega (28-30)

O equipo galego sumou a segunda vitoria da temporada nunha pista moi complicada e levantando un marcador adverso nos últimos cinco minutos

G24.gal 19/10/2025 12:17

Chegou a segunda vitoria do Frigoríficos do Morrazo Cangas na Asobal. Gañou na pista do Torrelavega por 28-30, unha das canchas máis complicadas neste comezo da competición na que os cántabros se atopaban na parte alta da táboa clasificatoria. 

Tivo un bo inicio de partido o equipo de Quique Domínguez, que foi por diante durante boa parte do primeiro tempo. Chegou a ter unha diferenza de tres goles (8-11) pero acabou tirando por terra o bo traballo xusto antes do descanso cando perdeu a solidez defensiva e recibiu un parcial de 7-3 para deixar o 18-15 ao descanso. 

Tentou dar un tirón o Torrelavega ao comezo da segunda metade pero o equipo do Morrazo aguantou e logrou igualar o encontro a quince minutos do final (22-22). A dinámica era de vantaxes mínimas para o conxunto local ata os últimos cinco minutos (27-26 para o Torrelavega). Aconteceu o contrario que na primeira metade. O Cangas xogou moi ben o treito decisivo e conseguiu impoñerse grazas a un parcial de 1-4. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar